Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra: Corredor do Morrazo. Treito II-1 Moaña-Cangas, de clave PO/99/61.1.2.1.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono: 981 54 49 86, telefax: 981 54 47 91.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

3. a) Lugar de execución: Pontevedra.

b) Natureza e alcance das obras, opcións, características xerais da obra: clasificación CPV (vocabulario común da contratación pública): 45233100-0

Corredor do Morrazo. Treito II-1 Moaña-Cangas, clave PO/99/61.1.2.1.

Orzamento base de licitación: 18.494.294,15 euros.

Incluídas no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 42 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no punto número 1.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono: 981 58 89 38.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 11-11-2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no punto 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Idioma(s): galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado da traducción oficial.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 21-11-2002, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Fianzas e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (369.885,88 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (739.771,77 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos á conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas.

a) Clasificación:

Grupo A, subgrupo 2, categoría f.

Grupo B, subgrupo 2, categoría f.

Grupo B, subgrupo 3, categoría f.

Grupo G, subgrupo 4, categoría f.

b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

13. Criterios de adxudicación: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.

15. Información complementaria:

Tipo de poder adxudicador: Administración rexional/local.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

16.

17. Data de envío do anuncio: 20-9-2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas 20-9-2002.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda