Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.215.519.

Advertido erro no texto da devandita resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 181, do xoves 19 de setembro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 13.828, punto a), parágrafo quinto, onde di: «Clasificación: grupo E, subgrupo 6, categoría d) e grupo K, subgrupo 4, categoría d)», debe dicir: «Clasificación: grupo E, subgrupo 6, categoría d)».

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo, ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.