Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Apeo, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase o acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de setembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Apeo, S.A.

NIF: A-36651875

R/ Zamora, 88

Vigo

Taxa fiscal sobre o xogo.

Expediente sancionador nº 36/2002/00111

Período: 2000

Apeo, S.A.

NIF: A-36651875

R/ Zamora, 88

Vigo

Taxa fiscal sobre o xogo.

Expediente sancionador nº 36/2002/00112

Período: 2000

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA