Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona citación para comprobación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (exercicio 1998) pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Carrera Gonçalves, Claudino).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase a citación para comprobación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de setembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Carrera Gonçalves, Claudino

DNI: 76897064-Z

R/ Parada, nº 28, Xinzo

Ponteareas

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio 1998

Nº protocolo: 2068