Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de setembro de 2002 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 6 de marzo de 2002 convocáronse axudas a alumnos e profesores de centros

docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 9 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo, correspondentes ó terceiro prazo.

Segundo.-De acordo co artigo 11 as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, xuntando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramita-la seguinte documentación no prazo máximo dun mes:

3.1. Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados e copia compulsada das facturas.

3.2. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.3. Certificación do director do centro no que se faga consta-la empresa ou centro de acollida e

as datas exactas de duración da estadía, o nome e número do DNI dos alumnos e/ou dos profesores participantes, indicando, neste caso, se é coordinador ou participante na estadía.

3.4. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto deberase minora-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

3.5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida que incluirá os seguintes datos:

3.5.1. Visitas preparatorias.

Obxectivos acadados de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

3.5.2. Estadías de alumnos.

Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidade de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

3.5.3. Estadías de profesores.

Certificación da empresa ou centro de acollida na que se indiquen as datas e as características da estadía realizada. Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional reservándose o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1159/2000 da Comisión do 30 de maio de 2000 (DO L 130/30 do 31-5-2000), os centros colaboradores que figuran no anexo tomarán as medidas oportunas para informa-los alumnos e profesores que van realiza-las estadías formativas en empresas que as axudas están financiadas nun 65% polo Fondo Social Europeo.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Proxectos aprobados no terceiro prazo de presentación de solicitudes

Centro escolarTipo de acciónTítulo do proxecto

de profesores

de alumnos

País

de destino

Axuda concedida

IES Armando Cotarelo ValledorEstadía alumnosEstadía laboral en Escocia02Reino Unido2.650

CFP Daniel CastelaoEstadía alumnosEstadía de alumnos no estranxeiro02Bélxica2.250

C.F.P Daniel CastelaoEstadía alumnosEstadías de alumnos no estranxeiro02Bélxica2.250

IES Porta da AugaEstadía alumnosBoomerang II04Francia3.580

IES MelideVisita preparatoriaVisita prep. para o desenvolvemento dunha estadía en Portugal10Portugal400

E.A. Antonio FaíldeVisita preparatoriaNovos conceptos na didáctica da restauración10Suecia950

IES Ribeira do LouroVisita preparatoriaFormacion e restauracion do patrimonio arquitectónico10Dinamarca850

E.S. Escola superior de conservación

e restauración

Estadía profesoresTraballos de restauración no mosteiro

de Sta. Cruz-Coímbra

10Portugal775

IES Porta da AugaVisita preparatoriaBoomerang II-visita preparatoria10Francia650