Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002 pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para o Premio Galicia de Innovación Empresarial convocado pola Orde do 12 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo).

Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 12 de xullo de 2002 (DOG do 23 de xullo), convocouse o Premio Galicia á Innovación Empresarial correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002.

De acordo co establecido na base cuarta, o prazo de presentación de solicitudes comprendía desde o 24 de xullo ó 13 de setembro de 2002. Tendo en conta o baixo número de solicitudes recibidas, feito que podería deberse á etapa na que a convocatoria estivo aberta, xa que os meses de agosto e setembro son un período practicamente inhábil para as empresas, esta consellería considera oportuno reabri-lo prazo de presentación de solicitudes para o dito premio.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Reabri-lo prazo de presentación de solicitudes para o Premio Galicia á Innovación Empresarial, convocado pola Orde do 12 de xullo de 2002 (DOG do 23 de xullo), durante 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública