Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a adxudicación do servicio de fisioterapia e recuperación deportiva no Pazo dos Deportes Paco Paz.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adxudicación do servicio de fisioterapia e recuperación deportiva no Pazo dos Deportes Paco Paz, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, con tipo de licitación como máximo de 1.680 euros mensuais (IVE incluído), con prazo ata o 31 de xullo de 2003. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 10º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 18 de setembro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense