Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2002 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de traballo de persoal laboral fixo: oficial primeira conductor.

O alcalde, por Decreto do 3-9-2002, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión, con carácter definitivo, dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal laboral:

Posto: oficial primeira conductor.

Publicación íntegra das bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 212, do 14 de setembro de 2002 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 18 de setembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde