Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala arquitectos, pola que se fai público a data, a hora e o lugar para a lectura do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2002, o tribunal designado por Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala arquitectos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.b) da convocatoria, que a lectura do segundo exercicio da fase da oposición comezará o día 30 de setembro de 2002, na sala Seminario D, planta 2ª, da Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

O citado día 30 de setembro, ás 16.30 horas, procederán á lectura os opositores comprendidos entre Vila Ramos, Manuel César e Aymerich Valladares, María Mercedes, ámbolos dous inclusive.

Tódolos días ó remate da proba, a partir do día 30 de setembro, publicarase na citada Escola Galega de Administración Pública os nomes dos aspirantes que deben presentarse na seguinte sesión, así como a hora de comezo.

Os aspirantes deberán ir provistos do seu DNI.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2002.

Antonio Boné Pina

Presidente do tribunal