Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, polo que se sinala o lugar, a data e a hora para a realización do segundo exercicio da fase de oposición e se convocan os aspirantes para proceder, posteriormente, á súa lectura pública.

En sesión que tivo lugar o día 19 de setembro de 2002, o tribunal designado por Orde do 23 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 1 de outubro de 2002, no seminario D da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único:

A realización do exercicio comezará ás 9.30 horas e abriranse as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 9.15 horas.

Así mesmo, convócanse os aspirantes para proceder á súa lectura pública o día 8 de outubro no mesmo lugar ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Presidente do tribunal