Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.021

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 275/2002, do 9 de setembro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Xóvenes Agricultores, a Manuel Domingo Fontela Ríos.

Artigo 2º

Noméanse como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Xóvenes Agricultores, a Antonio de María Angulo e a Isabel Manzano Maceira.

Santiago de Compostela, nove de setembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente