Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

Con data 9 de setembro de 2002 enviouse ó BOP o anuncio de aprobación do prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso público por procedemento aberto e urxente do servicio de motobomba forestal, o que estará exposto ó público por un período de 8 días hábiles a partir do seguinte á última publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia. Ó mesmo tempo e nun prazo común de 13 días naturais a partir do seguinte á última publicación anúnciase a licitación sendo en resumo o seguinte:

Obxecto do contrato: prestación do servicio de motobomba forestal.

Prazo do contrato: dous anos.

Tipo de licitación: 16.228 euros.

Fianza. Provisional: non se fixa.

Definitiva: 4% do prego de adxudicación.

Presentación de plicas: 13 días naturais desde o seguinte á última publicación no DOG ou BOP.

Apertura de plicas: 9.30 horas do 3º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se cadrase en sábado, o seguinte día hábil.

Paderne, 9 de setembro de 2002.

César Longo Queijo

Alcalde-presidente