Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 29 de agosto de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do primeiro tramo da rúa Doutor Temes Fernández a instancia de Román Gómez Crespo, en representación de A. y R. Gómez Crespo, S.L. coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de enxeñería de data 23 de agosto de 2002, dos que se dará traslado ós solicitantes e logo de constitución de garantía na cantidade de 27.145,62 euros, equivalente ó orzamento de execución material máis o 6% de beneficio industrial, o 13% de gastos xerais e o 16% de IVE para responder da execución, mantemento e conservación da urbanización ata a recepción das obras polo concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de setembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde