Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación da subministración que máis abaixo se indica.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 33/2002.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: material informático para a Escola Superior de Enxeñería Informática. b) Número de unidades para entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número:. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 90.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías: Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 -edificio anexo ó rectorado- 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal, nº 46, planta baixa. 3ª Localidade de código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 18 de setembro de 2002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo