Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación dos servicios de deseño de imaxe e programación en prensa para a difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 5/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. 5/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: deseño de imaxe e programación en prensa para a difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape, dividido en dous lotes.

c) Lotes:

Lote 1: realización, deseño e maquetación dos diferentes elementos que conforman a proposta de imaxe para anuncio en prensa, folletos ou calquera outra publicación ou uso desta que o Igape indique e que fagan referencia ás distintas liñas de axuda e servicios que o instituto pon á disposición do tecido empresarial galego.

Lote 2: planificación de espacio para a difusión en medios do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape.

d) Boletín oficial ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOCE do 23-3-2002, BOE do 28-3-2002, DOG do 26-3-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 228.384 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de agosto de 2002.

b) Contratista: Comunicación Integral Gallega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 227.626,53 A, IVE incluído (lote 1: 17.318,80 A, lote 2: 210.307,73 A).

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica