Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de recurso ordinario, expediente sancionador 15-60/96, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15-60/96 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña sede o órgano autor do acto orixinario, pola súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2ºb) 4 en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela, no seguinte prazo:

a) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-60/96.

Denunciado: Freitas y Estévez, S.L.

Domicilio: r/ Viñas de Babilonia, nº 29, 15179, Sta. Cruz (Oleiros).

Sanción e motivos: 300,51 euros (trescentos euros con cincuenta e un céntimos), por irregularidades na extensión dun recibo.

Data da resolución: 4-3-1997.

A Coruña, 2 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo da Coruña