Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-1999/0010, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra do 28 de novembro de 1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselle á interesada, co último domicilio coñecido en rúa Romil, nº 27-2º dta. de Vigo (Pontevedra), a resolución do recurso de alzada número V-1999/0010 interposto por Isabel Salgado Gómez, contra a resolución do delegado pro

vincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 28 de novembro de 1998, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Declara-la desaparición sobrevida do obxecto do procedemento do recurso de alzada (expediente V-1999/0010) interposto por Isabel Salgado Gómez contra a resolución dictada polo delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 28 de novembro de 1998, pola que se lle denega a concesión das axudas a determinadas actuacións de rehabilitación de vivenda solicitadas ó abeiro do Real decreto 2190/1995, do 28 de decembro, sobre medidas de financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda