Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de pavimentación da praza da Igrexa de Santa María de Entrimo (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 02-01-Entrimo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación da praza da Igrexa de Santa María de Entrimo (Ourense).

b) Lugar de execución: Entrimo (Ourense).

c) Prazo de execución: dous meses e medio (2,5).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cen mil (100.000) euros.

5. Garantía provisional.

Esixirase unha fianza provisional de dous mil (2.000) euros, dispensada segundo o artigo 35 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

e) Telefax: 981 58 89 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días contados a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a vintecatro (24) euros (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación da solvencia económica e financeira efectuarase mediante a achega dun informe de institucións financeiras e declaración relativa ó volume de negocio dos últimos tres anos.

Só serán admitidas as empresas que posúan un volume anual medio superior a 200.000 euros.

A acreditación da solvencia técnica efectuarase mediante a declaración do equipo mínimo de maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras e que será o seguinte: unha formigoneira de 250 l, unha retro-escavadora de 2 m, un martelo compresor, unha cortadora de disco de diamante, unha apisonadora mecánico-manual e, como equipo técnico, un titulado de grao medio e un encargado de obras.

A acreditación de clasificación nos grupos A) ou G), en calquera dos seus subgrupos con categoría A), exime da presentación da documentación anteriormente citada.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días contados a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1. Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes:

Oferta base: axustarase ó proxecto; non se admite ningunha modificación, agás o prezo.

Oferta variante: admitirase modifica-lo prazo.

9. Apertura das ofertas: en acto público, na sala de xuntas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: décimo día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás dez (10) horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (custo máximo estimado por liña no DOG: 9,38 euros).

12. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos. (www.xunta.es/contratacion/resultado.asp/N=1731).

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda