Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.935

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de setembro de 2002 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo

o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 3 de xullo de 2002 (BOE do 13 de xullo) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución, o Decreto 147/2002, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que de seguido se relacionan, para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Ángel Ogueta Fernández, rexistrador de Madrid nº 36, para o Rexistro de Santiago de Compostela nº 1.

-Cristina Villaverde Guldrís, rexistradora de Xinzo de Limia, para o Rexistro de Verín.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais