Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 30 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, para premia-las mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede Europea de Educación do Consumidor, e para a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios, que desexen incorporarse á citada rede.

Advertido erro na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 172, do 6 de setembro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 13.319, onde di: «e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os restantes premios ata un total de 9.015,48 euros», debe dicir: «e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os restantes premios ata un total de 9.015,18 euros».