Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.917

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 13 de setembro de 2002 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do medio.

Por outra banda o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente aprobado en Pleno en data 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do consello, polo que, solicitado pola Universidade de Santiago de Compostela o cesamento dos vocais designados, procede acordalo e nomea-los novos representantes propostos.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a súa estructura orgánica,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Universidade de Santiago de Compostela, agradecéndolle-los servicios prestados, as persoas que a continuación se relacionan:

-José Ramón Leis Fidalgo, como titular e

-Javier Ángel Guitián Rivera, como suplente.

Artigo 2º

Designar como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta dela e en substitución dos que causan baixa pola presente orde, as persoas que a continuación se relacionan:

-Eduardo García-Rodeja Gayoso, como titular e

-José Manuel Cifuentes Martínez, como suplente.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA