Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do 10 de setembro de 2002, o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado pola empresa Estudio Técnico Gallego, S.A., e dirixido polo enxeñeiro de camiños Julio C. Rojo Martínez e o arquitecto Isidro López Yáñez, co obxecto de que sirva de revisión das vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente o 6 de novembro de 1986. E,

A fin de dar cumprimento á previsión contida no artigo 42.1º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes -contado desde o día seguinte ó da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP-, período durante o cal poderá ser examinado e deducirse as alegacións pertinentes.

O dito acordo de aprobación inicial -conforme establece o artigo 34.2º da mesma lei- determina por si só a suspensión do outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento, das cales as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente; sendo as áreas afectadas por esa suspensión as seguintes:

-Solo non urbanizable común; por cambio do réxime do solo.

-Solo non urbanizable de protección de infraestructuras; por cambio de clasificación.

-Solo non urbanizable de protección de leitos, de protección especial e protexido; por cambio do réxime do solo.

-Solo non urbanizable de núcleo rural existente tradicional; por incompatibilidade nas ordenanzas de aplicación entre a antiga normativa e a actual.

-Solo apto para urbanizar industrial; na localización vixente orixinariamente nas normas subsidiarias municipais suspenderanse licencias por cambio de clasificación.

-Solo urbano de núcleo urbano existente, que se corresponde segundo o planeamento vixente coa capital municipal. Suspenderanse licencias en todo o ámbito do solo urbano de Arzúa clasificado polas normas subsidiarias, por cambio na cualificación dos terreos ou na ordenanza de aplicación.

Puntualízase así mesmo que quedan fóra das áreas afectadas pola suspensión do outorgamento de licencias as franxas ou espacios que de seguido se detallan:

-Solo urbano industrial desenvolvido a partir dunha modificación puntual e un plan parcial, por incorpora-lo plan xeral en aprobación, tanto a delimitación como a cualificación e as ordenanzas fixadas polo plan parcial para a zona. As licencias a conceder

cumprirán coas determinacións fixadas o plan parcial que o desenvolven.

-En solo urbano de núcleo urbano existente, naquelas zonas nas que se manteñen a cualificación así como as condicións fixadas pola ordenanza, sendo estas:

* Zona escolar-cultural, incluso a zona da futura gardería municipal, unha vez aprobada a modificación puntual.

* Zona deportiva e recreativa.

* Zona de servicios comunitarios, incluso a zona da futura residencia de anciáns, unha vez aprobada a modificación puntual.

* Zona de parques e xardíns.

Esta suspensión -tal como se prevé no artigo 34.3º da devandita Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia-, terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Arzúa, 11 de setembro de 2002.

Manuel Moscoso López

Alcalde