Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO.

Por acordo deste concello con data do 30 dos correntes, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas que rexerá a poxa por procedemento aberto de alleamento da parcela nº 436 da zona de concentración de Montouto-Folgoso, o cal se expón ó público polo prazo de oito días, desde a última das publicacións deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, para efectos de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase a poxa, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións, conforme o seguinte:

1. Obxecto: alleamento, como se dixo, da parcela de titularidade municipal nº 436 da zona de concentración parcelaria de Montouto-Folgoso, sita no lugar do Mato.

2. Tipo de licitación: 4.964,04 euros, á alza.

3. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións: nas oficinas municipais dentro do prazo de 26 días naturais contados desde a última das publicacións deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas dos días hábiles.

5. Modelo e documentación das propostas: están detallados na cláusula 7ª do prego de condicións, copia do cal pode ser retirada nas oficinas municipais durante o prazo de presentación.

6. Apertura de plicas: na Casa do Concello ás 12 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, realizándose neste caso o día seguinte hábil.

7. Información: Concello de Abegondo. Teléfono: 981 64 79 96.

Abegondo, 31 de agosto de 2002.

O alcalde

Rubricado