Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, P-44/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 9 de xullo de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-44/2002.

Denunciado: Luis López Martínez.

DNI: 33926032.

Enderezo: r/ Calzada das Gándaras, nº 5-8 D, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nun tramo de pesca sen morte, empregando cebo natural (ronco peixe ou verme), coa preceptiva licencia de pesca fluvial caducada. Feitos constatados o día 24-3-2002, ás 9.30 horas, no río Miño-Cuíña, Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º, 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 360,61 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.