Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de incendios forestais IF 41/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13 de febreiro), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispón o interesado

dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 27 de xuño de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: IF-41/2002.

Denunciado: Javier Álvarez López.

DNI: 33810169.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, 110, Lugo.

Feito denunciado: realizar unha queima de maleza sen autorización, abandonándoa antes de estar totalmente apagada, co conseguinte perigo para o arboredo estremeiro.

Precepto sancionador: artigo 138.b.c. do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 60 euros.