Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 102/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base en virtude do disposto no artigos 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador Secretaría: 102/2002.

Denunciado/a: Hortensia Vilariño Casal.

ÚDNI/CIF: 32349361-E.

Último enderezo coñecido: travesía das Mariñas, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cento cincuenta euros con vintecinco céntimos.

A Coruña, 7 de agosto de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña