Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 99/2002 pla.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 abril.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.

Expediente sancionador Secretaría: 99/2002 pla.

Denunciado/a: Grupo Ecooptic, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. de Alfonso Molina, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: seiscentos un euros con un céntimo.

A Coruña, 7 de agosto de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña