Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.861

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito local para a empresa Escor, S.L. para o centro de traballo de Monforte de Lemos.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Escor, S.L. para o centro de traballo de Monforte de Lemos, (código 2700861), asinado o día 4 de marzo de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de marzo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Texto do convenio colectivo da empresa

Escor, S.L. para o centro de traballo

de Monforte de Lemos (Lugo)

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa concesionaria dos servicios públicos de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello de Monforte de Lemos: Escor, S.L.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Monforte de Lemos, no cal Escor, S.L. realiza por concesión administrativa do Concello de Monforte de Lemos, a limpeza viaria e recollida de lixo no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello de Monforte de Lemos.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de tres anos, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2004.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 6º.-Denuncia.

Estipúlase un prazo de duración de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2004, pactándose de común acordo que, con antelación de 2 meses á data de expiración, se considera automaticamente denunciado.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio os salarios son os sinalados nas táboas que se anexan.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Durante a vixencia do convenio serán os sinalados nas táboas que se anexan.

Artigo 9º.-Complemento penoso, tóxico e perigoso.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa anexa.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas e media, tendo dereito a media paga no mes de marzo, e dúas pagas completas nos meses de xullo e decembro respectivamente, nunha contía de salario base máis antigüidade; as ditas pagas aboaranse o día 15 dos meses de marzo, xullo e decembro respectivamente.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período vacacional de 30 días. O período vacacional será durante todo o ano, excepto o mes de agosto. Durante o primeiro trimestre do ano elaborarase un calendario que recollerá os períodos de desfrute de cada traballador. En tódolos casos, o traballador terá que coñecer con dous meses de antelación os seus períodos de desfrute.

Artigo 12º.-Incapacidade temporal.

En caso de baixa por incapacidade temporal (IT), derivada de accidente laboral ou enfermidade común con hospitalización, establécese o aboamento do 100% da mensualidade normal sen ningún límite. Nos demais casos, segundo o que establece a lei.

Artigo 13º.-Vestiario.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada ano as seguintes pezas:

Conductores:

Inverno:-1 pantalón.-1 xersei.-1 camisa.-1 cazadora.-1 anorak.-Guantes anticortes.-1 par de botas de seguridade.

Verán:-1 pantalón.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botas.

Peóns:

Inverno:-2 pantalóns.-1 traxe de augas.-2 camisas.-1 par de botas de seguridade.-2 xerseis.-1 par de botas de auga.-1 cazadora.-1 gorra de inverno.-1 anorak.-Guantes anticortes.

Verán:-1 pantalón.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.

-Gorra de verán.

A roupa de traballo entregarase:

-A roupa de verán: do 1 ó 15 de maio.

-A roupa de inverno: do 15 ó 30 de setembro.

Artigo 14º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria que debe interpretar este convenio estará composta polo delegado de persoal e polo representante da empresa; ás reunións da comisión poderá asistir un asesor por cada unha das partes.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia e interpretación do convenio.

Artigo 15º.-Garantía do posto de traballo.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre quen se suceda, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional do presente convenio, levarase a cabo nos termos indicados no presente artigo.

No sucesivo, o termo «contrata» engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

En tódolos supostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade ó citado período de catro meses, traballaran noutra contrata.

Traballadores, con dereito a reserva de posto de traballo, que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se encontren enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

Traballadores con contrato de interinidade que substitúan a algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se incorporaran á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores á finalización daquela.

Traballadores que substitúan a outros que se xubilen, tendo cumpridos 64 anos dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima nesta dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do R.D. 1194/1985, do 17 de xullo.

Tódolos supostos anteriormente citados deberán ser acreditados fidedignamente e documentalmente pola empresa ou entidade pública saínte á entrante, e no prazo de 10 días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante, ou a saínte, comunique de forma que faga que á outra empresa o cambio na adxudicación do servicio.

Os traballadores que non desfrutaran das súas vacacións regulamentarias ó producirse a subrogación, desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela corresponda, xa que o aboamento do outro período corresponde ó anterior adxudicatario, que deberá efectualo na correspondente liquidación.

A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria, cliente e traballador.

Se o cliente rescindira a contrata a unha empresa para deixar de presta-lo servicio, ou realizalo por si mesmo, operará a subrogación para o propio cliente nos termos sinalados neste artigo.

No suposto de que unha ou varias contratas das que a súa actividade vén sendo desempeñada por unha ou distintas empresas ou entidades públicas se fragmenten ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios co obxecto da súa posterior adxudicación, pasarán a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores que realizaran o seu traballo na empresa cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal for a súa modalidade de contrato de traballo, e todo iso incluso cando con anterioridade tivesen traballado noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subrogaranse así mesmo os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ambos inclusive, e que realizaran o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios resultantes.

No caso de que distintas contratas, servicios, zonas ou divisións daquelas se agrupen nunha ou varias, a subrogación de persoal operará respecto de todos aqueles traballadores que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizaran o seu traballo nas que resulten agrupadas cun tempo mínimo dos catro meses anteriores e todo iso incluso cando con anterioridade prestaran servicios en dis

tintas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

Subrogaranse así mesmo os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ambos inclusive e que prestaran os seus servicios nas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

A subrogación de persoal, así como os documentos que se van facilitar, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou división destas, así como nas agrupacións que daquela poidan efectuarse, incluso tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas ou entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso incluso cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por un lado e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación de persoal, nos termos indicados e iso con independencia tanto da aplicación, se é o caso do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, como da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas á que é obxecto de sucesión.

A empresa saínte deberalle facilitar á entrante os seguintes documentos:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia do TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos últimos catro meses.

-Relación de persoal especificando: nome, apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data de desfrute de vacacións. Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o período de mandato deste.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 39 horas semanais, de luns a sábado, cun descanso de 30 minutos retribuídos para o bocadillo.

Establécese unha libranza para tódolos traballadores dun sábado ó mes.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

Para tódolos traballadores a empresa contratará unha póliza de seguro individual ou colectiva que cubra en caso de morte ou invalidez derivada de accidente laboral, por unha contía de 12.020,24 euros para os anos 2002-2004.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, salvo en casos de forza maior. Neste suposto establécese unha contía de 7 euros con revisión anual segundo táboas.

Artigo 19º.-Festivos.

Os festivos traballados aboaranse cun sobresoldo de 42 euros por día traballado.

Artigo 20º.-Festividade patronal.

A festividade de San Martiño de Porres, o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. En caso de coincidir en festivo ou en día de difícil aplicación, trasladarase ó mércores anterior ou posterior.

Artigo 21º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

-15 días por matrimonio.

-2 días en caso de nacemento de fillo.

-2 días por enfermidade grave ou morte de familiares ata segundo grao, por consanguinidade ou afinidade.

-4 días cando o motivo anterior necesite realizar desprazamento.

-1 días por traslado de domicilio habitual.

-5 días por asuntos propios, distribuídos da seguinte forma:

Ano 2002: dous días.

Ano 2003: tres días.

Ano 2004: cinco días.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

Os permisos por asuntos propios non poderán ser desfrutados en sábado, só se poderá desfrutar dun permiso por día.

Artigo 22º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles unha revisión médica unha vez ó ano, que se realizará en Monforte de Lemos. Os resultados da revisión seranlle entregados ó traballador.

Artigo 23º.-Atrasos salariais.

Os atrasos salariais aboaranse coa nómina do mes no cal se asine o convenio.

Artigo 24º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade devengarase por trienios e quinquenios cunha contía de 30 euros segundo táboa.

PeríodoEuros

0-5 30

6-8 60

9-13 90

14-16120

17-21150

21-24180

Artigo 25º.-Anticipos reintegrables.

A empresa creará unha bolsa de 3.000 euros cun límite de 300 euros por traballador/ano, co fin de facilitarlles ós traballadores anticipos sobre o seu salario. O reintegro do anticipo concedido realizarase nas 12 pagas seguintes.

Artigo 26º.-Incremento salarial.

Durante a vixencia do convenio será o sinalado nas táboas que se anexan.

Artigo 27º.-Complemento nocturno.

O complemento nocturno valorarase segundo as táboas que se anexan.

Artigo 28º.-Complemento de actividade.

O complemento de actividade valorarase segundo as táboas que se anexan.

Artigo 29º.-Pagamento de salarios.

Os salarios aboaranse do 1 ó 5 de cada mes. A partir do día 5, os salarios non percibidos xerarán un xuro diario do 5%.

Artigo 30º.-Garantías sindicais.

O delegado de persoal terá as garantías que prevé o artigo 68 do ET e demais disposicións legais.

O delegado de persoal disporá de 15 horas sindicais retribuídas como horas legalmente traballadas.

O delegado de persoal non poderá ser sancionado nin despedido, dentro do período de exercicio das súas funcións, nin nos 2 anos seguintes ó termo do seu mandato; salvo en caso de que esta se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, por tanto, do establecido no artigo 54 do ET.

ANEXO

Táboa salarial ano 2002

CategoríasSalario base

14,5

Compl. transporte

12

Compl. actividade

12

Compl. penoso

298

Compl. nocturno

298

Total anual

Encargado774,3988,4051,630012.909,04

Administrativo774,3988,4051,630012.909,04

Mecánico657,6088,4002,19011.249,80

Conductor día657,6088,4002,19011.249,80

Conductor noite657,6088,4002,192,7412.066,51

Peón día605,2288,4002,02010.438,29

Peón noite605,2288,4002,022,5211.190,52

-Festivo: 42 euros.

Táboa salarial ano 2003

CategoríasSalario base

14,5

Compl. transporte

12

Compl. actividade

12

Compl. penoso

298

Compl. nocturno

298

Total anual

Encargado793,7590,61104,550013.851,24

Administrativo793,7590,61104,550013.851,24

Mecánico674,0590,6103,37011.865,75

Conductor día674,0590,6103,37011.865,75

Conductor noite674,0590,6103,374,2113.121,25

Peón día620,3590,6103,10011.006,58

Peón noite620,3590,6103,103,8812.161,79

-Festivo: 42 euros.

Táboa salarial ano 2004

CategoríasSalario base

14,5

Compl. transporte

12

Compl. actividade

12

Compl. penoso

298

Compl. nocturno

298

Total anual

Encargado813,6092,87158,790014.817,09

Administrativo813,6092,87158,790014.817,09

Mecánico690,8992,8705,52012.778,39

Conductor día690,8992,8705,52012.778,39

Conductor noite690,8992,8705,526,9114.838,06

Peón día635,8692,8705,08011.849,64

Peón noite635,8692,8705,086,3613.744,54

-Festivo: 42 euros.