Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas para cubrir en propiedade prazas vacantes no Concello de Vilagarcía de Arousa, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal.

No BOP de Pontevedra nº 159, do 21 de agosto de 2002, publícanse integramente as bases aprobadas pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 2002, da convocatoria para a provisión en propiedade das prazas, ocupadas por persoal interino, mediante o procedemento de concurso-oposición libre, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, seguintes:

1 praza de arquitecto técnico, enmarcada no grupo B; escala de administración especial; subescala técnica; clase media.

1 praza de técnico auxiliar, enmarcada no grupo C; escala de administración especial; subescala técnica; clase auxiliar-adscrición servicio promoción do emprego e desenvolvemento local.

3 prazas de auxiliar de administración xeral, enmarcadas no grupo D; escala de administración xeral; subescala auxiliar.

1 praza de auxiliar de delineación, enmarcada no grupo D; escala de administración especial; subescala de cometidos especiais.

1 praza de operario albanel, enmarcada no grupo E; escala de administración especial; subescala de servicios especiais; clase persoal de oficios; categoría: operario.

2 prazas de operarios de servicios, enmarcada no grupo E; escala de administración especial; subescala servicios especiais; clase persoal de oficios; categoría: operario.

As prazas aquí convocadas están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo ó que se adscriba a praza.

O prazo de presentación de instancias, polas que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva, é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 26 de agosto de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde