Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas para cubrir prazas/postos vacantes no cadro de persoal laboral da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal.

No BOP de Pontevedra nº 159, de data 21 de agosto de 2002, publícanse integramente as bases aprobadas pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 2002, da convocatoria para a provisión das prazas/postos de persoal laboral da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais (FPSDM) do Concello de Vilagarcía de Arousa, ocupadas por persoal interino, mediante o procedemento de concurso-oposición libre, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, seguintes:

1 praza/posto de xestor administrativo, enmarcada no grupo III do convenio colectivo de persoal laboral deste concello.

1 praza/posto de operario de servicios múltiples FPSDM, enmarcada no grupo V do convenio colectivo de persoal laboral deste concello.

As prazas/postos aquí convocadas están dotadas coas retribucións correspondentes conforme o convenio colectivo de persoal laboral deste concello.

O prazo de presentación de instancias, nas que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva, é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 26 de agosto de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde

Mª Rosario González Pacios

Secretaria accidental