Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2002, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de asistencia do control de calidade da obra de rehabilitación de vivendas no poboado de Fontao, Vila de Cruces. (Expediente PO-2001/NR 01.

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia do control de calidade da obra de rehabilitación de vivendas no poboado de Fontao, Vila de Cruces.

b) Prazo de execución: 24 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e seis mil seis euros con trinta e tres céntimos (46.006,33 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: exenta.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

6. Obtención de documentación.

-Copistería Copy Estudio.

Enderezo: Rúa Nova de Abaixo, 19-20 (galerías), Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 593 385.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1719.

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Com

postela), antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 19 02) no mesmo día.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo