Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.215.519.

a) Obra.

Título: reposición das tubos de abastecemento da ponte das Pías (Concello de Ferrol).

Clave: OH.215.519.

Orzamento: cincocentos corenta e catro mil trescentos oitenta e un euros e trinta e dous céntimos (544.381,32 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 6, categoría d) e grupo K, subgrupo 4, categoría d).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e a dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, (rúa Doutor Maceira nº18, Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10-981 56 09 11, fax: 981 56 07 91).

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación, e en Copy Estudio (Rúa Nova de Abaixo Nº19-21, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85).

c) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das admi

nistracións públicas (Real decreto lexislaltivo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na Sala de Xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

g) Outras informacións.

A Mesa de Contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica na cláusula 2.26.-Constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

I) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2002.

Juan Ignacio Niño Taboada

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos