Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de pesca relacionados no anexo (referencias OU 37/2002-P e cinco máis), devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei de pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado

proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-los presentes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós interesados, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-los expedientes é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería.

O pagamento voluntario porá fin ós expedientes. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 12 de agosto de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 37/2002-PJosé Ignacio Plencia Rodríguez

10088976-A

San Román de Bembibre, s/n

León

Pescar sen licenciaArt. 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia300,52 A,

retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU 50/2002-PJosé Ramón Rodríguez González

76700440-V

Pazos de Montes Vilamarín

Avda. Venezuela, 1-3, 2º

32350 A Rúa

Pescar con máis canas das permitidasArt. 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia60,10 A

OU 52/2002-PLuis Baca Soto

34906111-T

San Lázaro, 37-1º esq.

32400 Ribadavia

Pescar con máis canas das permitidasArt. 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia60,10 A

OU 61/2002-PFernando Picallo García

76862519

Avda. de Santiago, 30-1º B

36680 A Estrada (Pontevedra)

Pescar con dúas canas a distancia superior á permitidaArt. 33.3º da Lei de pesca fluvial de Galicia60,10 A

OU 62/2002-PJosé Camilo Suárez Rodríguez

34914571-L

Pena María, 92-2º B

15703 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Non respecta-las limitacións de número fixadas pola conselleríaArt. 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia60,10 A

OU 86/2002-PFlorencio Vega Cabo

10056490-Q

r/ Hornos, 14-3º

24400 Ponferrada (León)

Pescar con máis canas das permitidasArt. 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia60,10 A