Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.811

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 12 de setembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 7 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 7 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 1268927213A205J.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Hera Roldán, Antonio de la.

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral de Administración Industrial.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 30.

C. específico: 14.777,52 A.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE