Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.798

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 158, do 19 de agosto de 2002, cómpre realiza-las seguintes correccións:

Na páxina 12.479, artigo 12, parágrafo 3, letra a), onde di: «Menos de 50 afiliados: 10 vocais», debe dicir: «Ata 50 afiliados: 10 vocais».

Na páxina 12.480, artigo 18, parágrafo 3, letra b), onde di: «Cando os membros da xunta xeral sexan máis de 14 e meanos de 20, os vocais serán 8», debe dicir: «Cando os membros da xunta xeral sexan 14 ou máis, pero menos de 20, os vocais serán 8».

Na páxina 12.491, artigo 77, parágrafo 2, onde di: «Tódolos cargos serán obrigatorios e gratuítos, sen prexuízo das indemnizacións que por razón de servicio correspondan en cada caso, segundo o acordado anualmente na xunta xeral», debe dicir: «Tódolos cargos serán gratuítos, sen prexuízo das indemnizacións que por razón de servicio correspondan en cada caso, segundo o acordado anualmente na xunta xeral».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA