Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, para a execución da instalación tramo 2 da liña aérea de 132 sub. de Boimente-parque eólico de Buio e a liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo (Viveiro, Cervo e Xove). (Expediente 5691 A.T.).

De conformidad co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro) y no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE do 27 de decembro), incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Euro Vento, S.L. Unipersonal con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Varsovia 4 C-5º p., como entidade beneficiaria, para a declaración de utilidade pública en concreto, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición das servidumes de paso sobre os bens e dereitos que afecten o proxecto das seguintes instalacións aprobadas e autorizadas administrativamente por resolución da Dirección Xeral de Industria do 13 de marzo de 2002:

-Liña de alta tensión aérea a 132 kV, con lonxitude de 5.214 m conductor tipo LA-280 con orixe no apoio nº 13 da LAT. A 132 kV Boimente-Buio e final na subestabión de Buio, sendo de dobre circuíto de 132 kV e 30 kV, ambas con illamento de 132 kV, entre os apoios nº 14 e nº 33 da citada liña cunha

lonxitude de 4.914 m e liña de alta tensión subterránea a 30 kV con lonxitude de 120 m con conductor R(D)HZ1, con orixe na subestación de Buio e final no apoio nº 33 da mencionada liña.

O que se fai público para o coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70 (edificio administrativo da Xunta) e presenta-las alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta resolución realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada a notificación, non se puidese practicar e así dirixir ó ministerio fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Tramo 2 da LAT 132 kV Boimente-Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Provincia: Lugo.Termos municipais: Viveiro, Cervo e Xove.

Bens afectados

Nº fincaLugarTermo municipalPropietario/titularEnderezoC.P.Prov.Voo (m)

*

Apoio

1Lombo, Gordo, Chao das Lagorzas, Cruces e CabaleiroCervoM.V.M.C. RúaA Rúa27891 CervoLU2970030, 31, 32 y 33576

Bens afectados

Nº fincaLugarTermo municipalPropietario/titularEnderezoC.P.Prov.Voo (m)

*

Apoio

2Burgo de TrasbarCervoM.V.M.C. Burgo de TrasbarPazo-Igrexa, 1527891 Castelo-CervoLU2752525, 26 27, 28 y 29720

3Costa de Laxa MouraXoveM.V.M.C. S.I. do MonteAs Hedradas, 1 (O Monte)27870 XoveLU3810121, 22, 23 y 24576

4BuioViveiroM.V.M.C. BoimenteCondomiñas, 2 (Boimente)27850 ViveiroLU6034014, 15, 16, 17, 18, 19 y 201008

Dereitos afectados

TipoConceptoParaxe

(Denominación)

Termo municipalPropietario/titularEnderezoC.P.Prov.Voo (m)

*

Apoio (m)**

Drto.

superficie

Por metades

pro indiviso

Lombogordo

Lombogordo

Cervo

Cervo

Ence, S.A.

Costiña, S.L.

Marisma de Lourizán,

s/n, Pontevedra

Lugar de Bacoi, s/n, Alfoz

36153

27774

PO

LU

29700

30, 31, 32 y 33

576

Perm. de investigac. mineiro4ª ampliación Acibro (LU5806)Burgo de Trasbar, Lombogordo, Chao das Lagorzas, Cruces, Cabaleiro, Costa de Laxa Moura e BuioCervo, Xove e ViveiroExplotaciones Cerámicas Españolas, S.A.Os Castros, s/n, Burela27880LU4367522,23,29, 30 e 31720

Perm. de investigac. mineiro2ª ampliación Acibro (LU5804)Lombogordo, Chao das Lagorzas, Cruces Cabaleiro e Burbo de TrasbarCervoExplotaciones Cerámicas Españolas, S.A.Os Castros, s/n, Burela27880LU1341732 e 33288

Dimensións.

Apoio= 144 metros.

Voo= 15 m lineais a cada lado do eixe da liña.

* Tipo de afección: servidume de paso eléctrico.

** Tipo de afección: expropiación en plena propiedade.

*** Tipo de afección: plena propiedade.