Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións electromecánicas que abrangue o aproveitamento hidroeléctrico Salto da Lagoa, no río Tronceda, concello de Mondoñedo. (Expediente 18/2002 A.T.).

Mediante Resolución do 29 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico Salto da Lagoa no río Tronceda, concello de Mondoñedo, que contan coas seguintes características técnicas:

-Peticionario: Sociedad Española de Generación Eléctrica Segel, S.L.

-Finalidade: aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda.

-Características técnicas principais:

Azude de derivación e toma.

Caudal máximo derivado: 2.300 L/S.

Salto bruto: 85,70 m (entre cotas 440,70 e 355 m.s.n.m.).

Dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal de 6.000 rpm e de 1.700 e 600 L/S, respectivamente.

Dous xeradores asincrónicos de 1.575 e 555 kVA de potencia e tensión de xeración 0,69 kV.

Un transformador de potencia 2,5 MVA e relación de transformación 0,69/20 kV.

Instalacións de mando, control, protección e medida.

1. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,

dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, así como do artigo 123 da Lei de augas, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións incluídas neste proxecto o que, segundo o sinalado no artigo 54 da referida Lei 54/1997, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

2. Alegacións.

O que se fai público para que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examina-lo proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda Muralla, 70, Lugo) e formula-las alegacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportunas por razón do disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Ley de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de agosto de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propiedades, bens e dereitos afectados

Nº parcelaLugarCultivosPropietarioDomicilioAfecciónElemento

Lonxitude

(m)

Supeficie

(m)

7CunqueirosMonte baixoDescoñecidos7210Tubería e acceso

16CunqueirosMonte baixoFelisa Pérez-Gándaras PedrosaR/ Santander nº 25 A, 4º F, 17005 Girona181.120Tubería
28690Acceso a central

23CunqueirosMonte baixoJosé Ramón Villalba PiñeiroA Áspera, San Cosme de Barreiro, Lugo20400Acceso a central

28CunqueirosMonte baixoJosé Antonio Díaz Otero (1/9)Seivane nº 6, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

10700Tubería

Concepción Díaz Otero (1/9)Pumariño nº 9, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

Francisco Méndez Díaz (1/9)O Valiño 24, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

José Ramón Legaspi Otero (1/3)Seivane, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

Visitación Díaz Otero (1/3)Seivane, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

Nº parcelaLugarCultivosPropietarioDomicilioAfecciónElemento

Lonxitude

(m)

Supeficie

(m)

29CunqueirosMonte baixoRamona DíazSeivane, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

10700Tubería

Remedios DouralSeivane, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

30CunqueirosEucaliptosMª del Carmen García Carreiras e Manuel Rodríguez LuacesAlexandre Bóveda, 35, Lugo601.800Tubería

31CunqueirosMonte baixoJesús Losada PoloSeivane nº 3, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

10200Tubería

Concepción Losada PoloCoto da Recadieira, Mondoñedo,

Lugo

Descoñecidos

32CunqueirosMonte baixoMaría Josefa Barreira Rivas e José María Barreira RivasAvda. Ferrol, nº 13, 2º esq, Viveiro8160Tubería

34CunqueirosMonte baixoFernando Cortiñas LegaspiPadre Claret, nº 3, 6º D, 28002, Madrid8200Tubería

44CunqueirosEucaliptosMª del Carmen García Carreiras

e Manuel Rodríguez Luaces

Alexandre Bóveda, 35, Lugo402.000Tubería

48CunqueirosMonte baixoDaniel Fernández CasabellaTronceda, Os Remedios,

Mondoñedo, Lugo

100500Embalse