No BOP da Coruña nº 136, do 15 de xuño de 2002, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión de catro prazas de operarios de servicios limpeza, vacantes no cadro de persoal do Concello de Oleiros.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
Oleiros, 17 de xuño de 2002.
Mª José Varela Neira
Concelleira delegada de Persoal,
Gobernación, Consumo e Sanidade