Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO da aprobación de estatutos e bases de actuación.

Aprobados con carácter inicial, en sesión da Comisión de Goberno do 19 de xuño de 2002, os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación da ADOP-10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño, ó abeiro do artigo 133 en relación co 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 161 do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística, sométese o dito acordo a información pública polo prazo de vinte días, para que calquera interesado ou afectado poida presentar por escrito as alegacións que máis conveñan ós seus intereses estando o expediente á disposición dos interesados e afectados na Secretaría do Concello.

Miño, 20 de agosto de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde