Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO de exposición ó público da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 14 de agosto de 2002, acordou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza, e segundo establece o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o citado acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza, redactado pola empresa Hábitat 6, S.L.

Segundo.-Suspender, de acordo co sinalado no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, naquelas áreas do territorio obxecto do novo planeamento, das que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Esta suspensión terá unha duración máxima dun ano, e extinguirase, non obstante, coa aprobación definitiva do planeamento.

Terceiro.-Somete-lo documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza a información pública, durante o prazo dun mes, logo de anuncio que se publicará no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, co fin de que durante o referido prazo, contado desde o día seguinte ó da última das publicacións previstas, calquera persoa interesada poida examina-lo documento inicialmente aprobado e presenta-las alegacións que considere convenientes, dándose as que se é o caso se presenten ó tratamento oportuno con base na normativa vixente. O lugar e a hora de consulta da documentación serán nas oficinas xerais do Concello da Cañiza, en horario de mañá, das 9.30 ás 13.30 horas de luns a venres, e polas tardes, das 16.30 ás 18.30 os martes e xoves.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Cañiza, 19 de agosto de 2002.

César J. Mera Rodríguez

Alcalde