Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

Aprobados polo Pleno deste concello, en sesión do 12 de xullo de 2002, os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán o concurso para a contratación en réxime de concesión dos servicios públicos de recolla e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza de espacios públicos no termo municipal de Burela, e para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, publicándose de modo simultáneo a licitación, se ben esta se aprazará de formularen reclamacións contra os referidos pregos ata a súa resolución pola corporación.

Así mesmo, de conformidade co artigo 155 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aprobaba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a licitación da concesión referida:

1. Obxecto do contrato: a xestión indirecta, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, con extensión a todo o termo municipal de Burela, dos servicios públicos de recolla e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza de espacios públicos.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

3. Tipo de licitación: non se fixa.

4. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Burela.

Enderezo: Pardo Bazán, nº 6, Burela (Lugo). Código postal: 27880.

Teléfono: 982 58 60 00. Fax: 982 58 59 45.

Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

5. Duración do contrato: 15 anos, que poden ser prorrogables por quinquenios sucesivos, ata o máximo que permita a lei.

6. Presentación de proposicións: durante os 15 días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, por fax ou telegrama.

7. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións no salón de comisións da casa do concello.

8. Garantías: provisional: 12.020,24 euros; definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Criterios de selección para adxudicación do concurso: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Modelo de proposicións: o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos: serán de conta do adxudicatario os gastos dos anuncios que xere o concurso e os preparatorios e os de formalización do contrato; os tributos estatais, autonómicos e locais que deriven do contrato.

Burela, 6 de setembro de 2002.

P.D.F. (Resolución alcaldía 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo Tenente de alcalde