Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria do expediente C.P. 24/2002.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que

lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) convoca o seguinte concurso:

Expediente: 24/2002.

1. Obxecto: subministración sucesiva de bolsas de diurese, nutrición parenteral, drenaxe e ostomía.

2. Orzamento: 89.117,95 A, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. BOE nº 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. BOE nº 148, do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 11).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37, fax: 986 81 60 29. Páxina web do Sergas: www.sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en

que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 5 de agosto de 2002.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo