Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002, da Direción Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia o concurso público para a subministración de cueiros de incontinencia.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002, convoca o seguinte concurso público nº 17/2002 para a adquisición de cueiros de incontinencia.

1. Nome e enderezo do servicio.

Hospital do Meixoeiro, unidade de contratación administrativa, O Meixoeiro, s/n. 36200 Vigo. Teléfono: 986 81 11 59. Fax: 986 81 11 39.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar da entrega da subministración: Hospital do Meixoeiro.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: cueiros de incontinencia. Orzamento máximo 493.222 A.

Orzamento total: catrocentos noventa e tres mil douscentos vintedous euros (493.222 A).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 30 de setembro de 2002.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 7 de outubro de 2002.

b) Enderezo ó que se deben dirixir: ver punto nº1.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: ás 9 horas, na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, o 18 de outubro de 2002.

8. Fianzas e garantías esixidas.

* Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

* Definitiva: 4% do importe máximo de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 14 de agosto de 2002.

16. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Vigo, 1 de agosto de 2002.

Jesús Vázquez Almuiña

Director xerente do Servicio Galego de Saúde