Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

EDICTO do 22 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se lles require documentación ós beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírese os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais da Coruña (Concepción

Arenal, 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo) procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 22 de agosto de 2002.

María José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

PensionistaDNINº de expte.Concello

Barcia Suárez, Delfina326300812937/I/1993Narón

Campos López, Dolores763756212015/I/1993A Coruña

Batallán Mareque, Josefa332012841703/X/1997Santiago de C.

Blanco Figueroa, Antonio51.567.056280/I/02Ferrol

Estévez Sanisidro, Hipólito3307842567/I/1997Ribeira

García Reimúndez, Josefina324173311502/I/1994A Coruña

Jiménez Borja, Juan33155902547/I/00Santiago de C.

Lago Villamar, Rosa32477903519/X/1996Narón

Suárez Curros, Carmen177497141839/J/1996Melide

Vázquez Maceira, María Jesús762765381930/I/1991Betanzos

Vilela Fernández, Lourdes331605945043/J/1991Santiago de C.