Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha subministración de lencería e complementos para centros residenciais dependentes da Consellería de Asuntos Sociais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo e descrición do obxecto: subministración de lencería e complementos para centros residenciais dependentes da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: 56.366,45 euros (IVE incluído).

5. Garantías: provisional. 1.127,33 euros.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50. Fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización da presentacións de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos de anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais