Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/169-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego.

Domicilio social: Orillamar, 88-90, portal 3, entresollado B, 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Vilariño e derivación Castelo.

Situación: concellos de Agolada e Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 968 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos desde a central Arnego ata o C.T. que se proxecta en Vilariño, de 25 kVA, R/T 15/20 kV-380/220 V. L.M.T. derivación Castelo, de 2.460 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde un punto da L.M.T. aérea anterior ata Castelo. A instalación está situada nos concellos de Agolada e Lalín.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 24 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra