Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no Concello de Ribadeo, Lugo e outra máis.

Aprobados os expedientes de contratación que de seguido se identifican, mediante resolucións do 6 e 10 de setembro de 2002, respectivamente, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deles.

A presente resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Construcción dun pavillón polideportivo no Concello de Ribadeo, Lugo.

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: setecentos trinta e oito mil cincocentos trinta e un euros con sesenta e oito céntimos (738,531,68 A).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo: c; subgrupo: todos; categoría: d.

2.2. Construcción dun pavillón polideportivo no Concello de Cervo, Lugo.

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: oitocentos vintenove mil trescentos noventa e seis euros con setenta céntimos (829.396,70 A).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo: c; subgrupo: todos; categoría: d.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e o previsto para o efecto no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratacion).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro, 15890, Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39, ou ser envidados por correo dentro do prazo de presentación de proposicións, caso no que se deberá cumpri-lo previsto no parágrafo segundo da cláusula 8ª das administracións particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto (5) día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890, Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será de cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita, ata o importe máximo consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte