Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 30 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 197/2002.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente

cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Cnes. Muiños y Gavillán, S.C.L.

Domicilio localidade: Paseo de Colón, 20, 36002 Pontevedra.

Número de expediente: 197/2002, 429/2002 (AI).

Data resolución delegación provincial: 11-7-2002.

Preceptos infrinxidos: artigos 15, 16, 23, 30, 31 e 37 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1º e 6 e 12.15º, 39 e 40 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.005,08 A.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírtese que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, Cta. Contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a Delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 30 de agosto de 2002.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Vigo