Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono I do PERI II-12 Florida B (expediente 4367/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do día 1 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 1 do PERI II-12 A Florida B, presentado pola xunta de compensación, con memoria e planos asinados polos arquitectos Enrique López Santander e Teodoro de Francisco Antes, e polo enxeñeiro Alberto Moreno García, visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños no 22-5-2002 (expte. 4367/401).

Segundo.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, con notificación individualizada do contido íntegro deste acordo a tódolos propietarios do polígono e demais interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 5 de setembro de 2002.

Carlos González Príncipe

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo acctal.