Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 9 de agosto de 2002, do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, de concurso aberto para a contratación dos servicios de limpeza das instalacións dependentes deste organismo autónomo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicios de limpeza dos vestiarios e servicios hixiénicos ou outras áreas nas dependencias e instalacións deportivas dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: dous anos e prórroga por anualidade de dous anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 380.000 euros.

5. Garantía provisional: 7.600 euros.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo; avda. de Castrelos, 1, 36210 Vigo. Teléfono: 986 23 74 58. Fax: 986 29 10 41.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo U contratos de servicios, subgrupo 1 servicios de limpeza en xeral, categoría A.

Solvencia ecoinómica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: ata o día 7 de outubro de 2002.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: terá lugar no Concello de Vigo; praza. do Rei, s/n, e ante a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes.

Data e hora: 10 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 9 de agosto de 2002.

Santiago Domínguez Olveira

Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo